
A deportista representa o legado feminino silledense este mes
17 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O programa (In)Visibles promovido polo Concello de Silleda destaca este mes de xullo á deportista e amazona silledense Mónica Trujillo Souto, coincidindo co Día Mundial do Cabalo celebrado o 11 de xullo de cada ano. Mónica Trujillo naceu en Silleda e comezou como deportista cando tiña seis anos no grupo CEIP Silleda, pasando máis tarde ao Club de Natación Lalín. Como un verdadeiro exemplo de disciplina e constancia, a deportista acadou o seu máximo nivel na tempada 2005.2006, cando conseguiu o primeiro posto nos 200 metros bolboreta e un segundo posto nos 100 metros bolboreta no Campionato de España de Natación de Verán.
Pero a natación non é a súa única paixón. Dende o ano 2010, cando tan só tiña vinte anos, adentrouse no mundo da Doma Clásica grazas ao seu irmán, converténdose nunha das súas principais afeccións. Durante dez anos dedicouse por completo ao cabalos, ata que unha lesión lle impediu continuar, tendo que deixar a montura. A pesares disto, na actualidade Mónica Trujillo segue traballando na empresa familiar, na que se encarga da cría, preparación e venda dos animais.
A protagonista deste mes sostén que o respecto, a paciencia e a empatía son valores fundamentais nesta profesión, e no mundo ecuestre en xeral, valores que se ven representados nos múltiples logros que conseguiu co seu traballo e compromiso. En 2022, participou no Campionato do Mundo de Cabalos Novos, acompañada do cabalo Zimbabwe RA e do xinete Carlos Jacobo Sotelo. Un par de anos máis tarde, en 2024 e 2025, co cabalo Negrón F, acadou o primeiro e segundo posto, respectivamente, no Campionato de España de Pura Sangue Lusitano.
Tamén, conta con varios títulos en campionatos galegos en diversas probas e categorías: campións absolutos, por equipos, en categorías de poldros,.... Ademais, con anterioridade á doma, xa participara en concursos morfolóxicos, nos que recibiu varios premios como Mellor gandaría e, en varias ocasións, o Campións da raza.
Ca figura da moza deportista Mónica Trujillo, o departamento de igualdade dirixido por Ángela Troitiño, busca dar visibilidade a aquelas mulleres referentes, así como ao seu legado e o amor que mostran pola nosa terra. Isto, lévase facendo cada mes dende xaneiro do pasado ano 2024, cando comezaron esta iniciativa (In)Visibles; doce meses, doce mulleres.