
16 abr 2025 . Actualizado á 05:00 h.
En Silleda e A Bandeira estanse acometendo labores de limpeza de rúas, ademais de preverse a reparación e substitución de alcorques de árbores que se atopan deteriorados. Tras concluírse estes labores na rúa Pintor Colmeiro, xunto ao lavado de beirarrúas en Alfonso Trabazo, a próxima semana continuarase pola rúa Valenzuela. De forma paralela actúase no rural, como ocorría onte coa mellora de acceso a explotacións agropecuarias no lugar de Regalade.