
15 abr 2025 . Actualizado á 05:00 h.
Nestes días están a acometerse labores de limpeza e acondicionamento de espazos naturais e turísticos de Silleda ante a previsión de visitas en Semana Santa. Operarios do equipo de Obras e Servizos e de Xardinería acometeron rozas na contorna da Fervenza do Toxa e o cenobio de Carboeiro. No primeiro caso tamén se traballo no aparcadoiro, camiño de acceso e miradoiro, xunto a reparacións de elementos danados.