Excusións de veciños da Estrada, Silleda e Cerdedo-Cotobade

.

SILLEDA

11 jul 2024 . Actualizado á 05:00 h.

Membros de diferentes asociacións da zona realizarán estes días excursións coa Deputación. O día 13, un grupo de 54 da asociación de veciños e amigos de Santiago de Caroi de Cerdedo-Cotobade e 53 da agrupación Santa Apolonia de Guimarei, da Estrada , visitarán as Illas Ons. Ese mesmo día 52 persoas da ACV Axóuxere de Fiestras, en Silleda, irán a Vigo e realizarán unha ruta en barco ata a illa de San Simón.