A alcaldesa de Silleda participou na comisión da FEMP

La Voz LALÍN / LA VOZ

SILLEDA

14 jun 2024 . Actualizado á 05:00 h.

A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, participou o pasado mércores na comisión de seguridade cidadá e Protección Civil da FEMP. O encontro tivo lugar na sede da oficina nacional de loita contra os delitos de odio do Ministerio do Interior. A rexedora participou como vogal e entre outros asuntos debateuse a colaboración da FEMP coa dirección xeral de Protección Civil e fomentar o voluntariado.