
04 may 2025 . Actualizado á 05:00 h.
Hoxe celébrase en Rodeiro o Campionato Galego de Andaina Federada que terá lugar no recinto instalado na avenida do aviador Gumersindo Areán. Organizado polas concellarías de Sector Primario e Cultura do Concello de Rodeiro en colaboración coa Federación, as actividades e probas do campionato desenvolveranse pola mañá en horario de 11.00 a 13.00 horas e pola tarde, de 16.00 a 19.00 horas.