
Música, gastronomía, obradoiros e unha nova feira gandeira de Vaca Rubia en Río
20 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Sabor Labrego volve a festexarse en Rodeiro, este ano no mes de maio, cunha chea de actividades. Os tres primeiros fins de semana terá lugar a primeira edición do concurso Cambburger de mini hamburguesas que se desenvolverá nos locais de hostalería de Rodeiro. Con él, apuntaban os concelleiros Alberte Lamazares e Xulia Dacal, «queremos por en valor o bo facer dos profesionais». Para as elaboracións empregarase carne de terreira galega suprema tanto de vaca ou boi coa finalidade de recoñecer a excelencia da carne que se produce nas terras de Camba.
O día 4, dentro da programación, inclúese un evento deportivo. Será a primeira fase do Campionato Galego de Andadura Federada. Entre os participantes atópase un de Rodeiro. O día 24, a partires das 20.00 horas, terá lugar unha xornada de degustación de queixos, terreira galega suprema e viños ademais dun concerto do grupo de música tradicional Carapaos.
O día 25 será o día grande de Sabor Labrego. Ás 12.00 horas abrirase a carpa cunha exposición de produtos alimentarios da comarca do Deza e de Chantada e que contará tamén con degustación de produtos.
A feira de Río volverá a acoller unha nova edición da exposición de gando Rubia Galega do País ao fin de por en valor esta raza e recoñecer a labor dos gandeiros e as gandeiras, Haberá tamén unha exhibición de manexo de vacas Holstein e recoñecementos gandeiros. Estes se reparten en tres categorías para as mellores vacas Rubia Galega, para as tres mellores novillas e outros res galardóns para as tres mellores granxas GICO e para as tres mellores granxas por produción.
Nos locais de hostalería veciños e visitantes poderán gozar la segunda Festa do Chuletón que se ofrecerá cun menú a un prezo de 30 euros. Incluirá unha sobremesa a base de leite, un chuletón cun peso mínimo de 700 gramos elaborado á brasa, ensalada, patacas, pan e viño da casa. A festa remata coa actuación, a partires das 18.00 horas dun grupo emerxente, e a música da Orquestra Panorama.
Ademais se propoñen outras actividades como unha xornada sobre a produción de mel e castaña, un obradoiro de elaboración de iogur Kalekoi cos rapaces do colexio de Rodeiro e unha excursión dos alumnos do CPI de Rodeiro a cooperativa Santa Mariña de Loureiro no concello ourensán do Irixo.