Codeseda celebrará o sábado a Malla Tradicional a 20 graos

La Voz LALÍN / LA VOZ

LALÍN

Despois da onda de calor destes días, a temperatura onte en Lalín xa era moito máis agradable e o sábado na celebración da Malla Tradicional agarda, se se cumpren as previsións, que participantes e visitantes poidan gozar da xornada a unha óptima temperatura de 20 graos, Nesta vixésimo sétima edición, de acceso libre para o público, quérese visibilizar e pór en valor os usos históricos da palla. Quérese mostrar como a palla de centeo era un recurso renovable e fundamental no rural empregándose na elaboración de tellados, como cama para o gando ou na realización de cestos e chapeus, entre outros moitos usos. Hoxe, ás 12.00 horas, inaugúrase unha exposición comisariada por Carlos Santos e con obras de 12 artistas.

A Malla, organizada polo Museo Casa do Patrón, é Festa de Interese Turístico de Galicia, é unha celebración tradicional que inclúe unha comida á que onte xa estaban anotadas máis de 400 persoas. Haberá mostra de artesanía, música tradicional e un concerto de peche.