11 abr 2026 . Actualizado á 05:00 h.
O Concello de Lalín celebrou onte no edificio multiusos da rúa Rivero unha reunión cos abonados do aparcadoiro Europa co obxectivo de levar a cabo o sorteo das prazas. A decisión do concello de reorganizar a zona de estacionamento deixando unha planta exclusiva aos abonados e o cambio de acceso e saída para estes deu lugar ás airadas queixas de ningúns dos asistentes á reunión. Os cambios tiñan como obxectivo facilitar as entradas e as saídas aos usuarios de cada planta. foto A. Fritiría