Adxudicada a obra para construír un muro de contención en Doade

La Voz LALÍN / LA VOZ

LALÍN

16 dic 2025 . Actualizado á 05:00 h.

O Concello de Lalín procedeu a adxudicar o proxecto de construción dun muro de contención en Doade, con cargo ao plan +Provincia do 2025 da Deputación. As obras serán executadas pola empresa Vilariño ESP por 63.782 euros. Ademais, procedeuse a outorgar a Hidramaq Deza o servizo de mantemento e reparación de maquinaria pesada de obra.