12 dic 2025 . Actualizado á 05:00 h.
A multiusos Area acollerá mañá sábado, ás 18.30 horas, a gala de Nadal do club Aehde Lalín de Patinaxe. Está prevista a participación, nesta segunda edición, duns 150 patinadores. Durante hora e media sucederanse as actuacións tanto grupais como colectivas, de quen practica esta actividade extraescolar en colexíoos/coléxioos Xesús Golmar e Manuel Rivero. Tamén haberá representantes da escola e do club Aehde do Carballiño. A entrada é libre e o novo club lalinense quere celebrar na primavera unha competición.