Crespo agradece a Marcos Torres o traballo realizado

La Voz

LALÍN

17 oct 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Respecto ao cambio de párroco e a reestruturación parroquial, Crespo, agradeceu a Marcos Torres «todo o traballo que leva feito por Lalín» expresándolle «todo o meu agarimo e a mellor das sortes neste novo destino que ten en Melide» sinalando que «el é un lalinense, e polo que dixo vai seguir vivindo en Lalín». Tamén lle desexa sorte ao equipo de José Criado «porque é un reto importante». Vendo a reestruturación e a cantidade de parroquias asignadas ao equipo de Criado be imposible que se vaia a todas a dicir misa todos os domingos. En ningunhas, comenta, xa non había «pero a cada paso imos a peor. Os curas vanse xubilando e non hai outros para o sitio» polo que ve normal a necesidade de reestruturar. Crespo agarda que Lalín siga achegando vocacións como estes anos.