A Deputación destina 51.000 euros para actividades culturais en Deza-Tabeirós

La Voz

LALÍN

15 sep 2025 . Actualizado á 05:00 h.

A Deputación de Pontevedra destinou máis de 51.000 euros a 40 entidades de Agolada, A Estrada, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruzamentos para a realización de actividades culturais. Estes recursos enmárcanse nas axudas provinciais dirixidas a entidades sen ánimo de lucro. As cantidades concedidas oscilan entre os 213 euros e os 2.500 para intercambios, festivais, concertos, exposicións, romarías ou encontros culturais.