17 jul 2025 . Actualizado á 05:00 h.
Mañá venres, a partir das 21.30 horas, terá lugar na Praza dá Igrexa de Lalín un concerto do grupo Quinkillada patrocinado pola Deputación de Pontevedra a través do programa +Música. A formación mestura ritmos latinos con rumba, cumbia e sones modernos. A banda está integrada por Rodri Martínez, Yago Oliveira, Suso PF, Byktor G., Daniel Acuña e Valverde.