
02 jul 2025 . Actualizado á 05:00 h.
Máis de medio centenar de bailaríns en formación e máis de 120 invitados participaron nos actos de inauguración da Escola de Artes Flow que ten a súa sede nas instalacións do centro comercial Pontiñas de Lalín. Os actos contaron tamén coa presenza de cinco bailaríns profesionais. A escola está dirixida por Wilbert Romero e Isabel Robles. Durante a inauguración, que tivo lugar o pasado día 30, ás 20.30 horas, houbo exhibicións dos membros da sede da escola en Chantada, do grupo profesional do centro e do mestre Miguel Salcedo que participa no campamento de danzas urbanas. Onte comezaron as actividades do campamento que se desenvolve ata o próximo día 11 e as clases para adultos de salsa casino. bachata e zoa.