A Xunta entrega unha autobomba ao GES estradense e unha furgoneta ao de Lalín
LALÍN
A Xunta entregaba onte no Monte do Gozo en Santiago diverso equipamento para os Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES), beneficiándose os existentes na Estrada e Lalín. No caso estradense recibiuse un autobomba rural pesada, mentres a lalinense suma á súa dotación unha furgoneta de servizos varios.
A autobomba que utilizará o GES da Estrada, que tamén atende os municipios de Forcarei, Teo e Vedra, supuxo un custo de 270.000 euros e conta cunha cisterna con capacidade para 3.500 litros. Pode lanzar auga tanto a baixa como alta presión, ademais de incorporar estrada de primeiro socorro con mangueira semirrígida e lanza de alta presión. A furgoneta de servizos varios para o GES de Lalín requiriu un desembolso de 117.000 euros, para cubrir os seis concellos de Deza excepto Silleda. Vai equipada cun equipo de bomba de alta presión, lanzas profesionais, serra de sabre ou mochilas extintoras e cámara térmica.
Desde o Goberno galego incidían que ademais de equipar aos GES na súa formación, xunto á doutros servizos de emerxencias na Agasp da Estrada, destináronse cinco millóns de euros.