A egua Duna de Noia, elixida mellor exemplar da Feira do Cabalo de Lalín

La Voz LALÍN / LA VOZ

LALÍN

cedida

14 abr 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Lalín gozou ao grande a última xornada da Feira do Cabalo, que celebrou numerosos concursos morfolóxicos, unha ruta ecuestre polo municipio e un espectáculo que deixou pampos aos espectadores a cargo de Paco Martos. A cita volveu demostrar a paixón equina dos lalinenses, que encheron o recinto xunto ao Area para comprobar a categoría dos animais presentes na capital dezana.

Un dos puntos álxidos da xornada foi a elección do mellor exemplar da Feira do Cabalo 2025. Este premio foi a parar a Dona de Noia, unha egua propiedade de Marcos Cajaraville, criador de Teo. O seu porte convenceu o xurado nun certame infestado de grandes exemplares de pura raza española, árabe e cruzados.

No entanto, a maior expectación xerouna o espectáculo ecuestre de Paco Martos. O público sabía ao que ía, xa que o artista andaluz demostrou o ano pasado do que era capaz. O show non defraudou, congregando a unha chea de xente ojiplática co seu dominio non só cos cabalos, senón tamén con outros animais como por exemplo un falcón.

Premios e actividades

A Feira do Cabalo comezou cunha ruta polos montes de Botos e Donsión, seguida de concursos morfolóxicos con premios de 150 a 100 euros. Tamén houbo un sorteo en metálico valorado en 500 euros como colofón á festa equina.