
Visita do colexio Xesús Golmar a Pontevedra
09 abr 2025 . Actualizado á 05:00 h.O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu onte a un grupo de alumnos de sexto de Primaria do colexio Xesús Golmar que visitaron na capital da provincia o Museo e o Pazo provincial. López acompañounos nun percorrido polos recunchos do pazo provincial e compartiu con eles curiosidades deste emblemático inmoble e sobre as funcións da Deputación.