22 ene 2025 . Actualizado á 05:00 h.
Este sábado actúan no Café Casino de Lalín, As Tareixas, un grupo musical de Redondela formado por unha familia. Omara, de 8 anos, e o seu irmán Román, de 11, cantan e tocan a trompeta e o clarinete xunto co seu pai, José Manuel, que compón e toca a guitarra. As súas cancións son orixinais, sendo gañadores do concurso Quero cantar da Deputación da Coruña. Será as 18.00 horas.