A Banda de Vilatuxe presenta o seu campamento musical con nova localización en Prado

La Voz LALÍN / LA VOZ

LALÍN

cedida

15 jun 2024 . Actualizado á 05:00 h.

A Banda de Vilatuxe presentou onte no Concello de Lalín a nova edición do seu campamento musical, que se celebra do 2 ao 5 de xullo, nesta ocasión no colexio de Prado polas obras no centro de Vilatuxe. Unha das novidades presentadas pola organización foi a poñer# ao dispor dun servizo de autobús de ida e volta que partirá desde a estación de autobuses de Lalín. O prezo do billete por traxecto será de 1,55 euros, de 1,35 euros coa cartón moedeiro e gratis para os posuidores do cartón Xente Nova. As prazas son limitadas. A hora de chegada de volta a Lalín está fixada para as 22.15 horas.

O horario do campamento será de 9.00 a 22.00 horas e inclúe almorzo, comida e merenda e de 12.00 a 14.00 horas para os alumnos de Música en Movemento. Ao longo das xornadas do campamento realizaranse clases individuais, clases colectivas, mestras e levarán a cabo ensaios sectoriais coa Banda de Música de Vilatuxe, así como se desenvolverán actividades lúdicas, iniciativas de lecer e deportivas e proxeccións audiovisuais.

O prezo será de 65 euros para os membros da Banda de Vilatuxe, de 100 euros para os alumnos externos e de 65 euros para os de Música en Movemento. O campamento contará con trece posibles profesores.

Desde a organización apúntase que o número pode variar en función do número de alumnos que se inscriban para a asistencia a estas actividades do campamento musical.

Moitos deles son docentes en Conservatorios de Música Profesionais ou solistas en diferentes formacións que van desde a Real Filharmonía de Galicia a un academista de percusión da Orquestra Filharmónica de Luxemburgo.