A Sociedade de Caza e Pesca de Lalín celebra asemblea o día 3

La Voz

LALÍN

29 feb 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O vindeiro domingo, día 3 de marzo, celebrarase a asemblea ordinaria da Sociedade de Caza e Pesca de Lalín. Será ás 9.30 en primeira e ás 10.00 horas en segunda convocatoria no auditorio. A directiva presentará as contas e o balance de actividades do 2023, ademais de abordar o orzamento e proxectos para este ano. Por outra banda, o día 2 nas oficinas do campo de tiro haberá ás 20.00 retirada de cartóns e ás 20.30 será o sorteo de postos nos cotos de pesca do Asneiro e o Arnego.