O Lalinense impúxose ao Tenerife Tejina por 24-27 tras un gran inicio de partido

La Voz LALÍN / LA VOZ

LALÍN

miguel souto

12 oct 2019 . Actualizado ás 21:31 h.

O Lalinense impúxose ao Tenerife Tejina na súa primeira incursión en terras canarias, por 24-27. Xogaron polos dezáns Ivi, Ramón (5), Losón (3), Tate (3+1 exclusión), Porto (7), Manuel e Aser (1 exclusión); con entrada posterior de Durán, Jorge (4), Adrián (3), Bruno (1 exclusión), Pachi, Roberto, José (1) e Rubas (1). Os tinerfeños formaron con Blas, Cristo (4), Cristian (2+2), Amit (2), Joel (4+1), David (1) e Rivero (2 exclusións); tamén xogaron Alejandro, Andone (1 exclusión), Tarek (1), Brito (4), Yeray, Óscar e Alby (6).

O marcador cada 5 minutos reflectiu 0-3, 0-6, 4-6, 5-8, 7-10, 11-12, resultado este con o que se chegou ao descanso. Na continuación foi 13-14, 14-16, 16-18, 17-21, 20-23 e 24-27.

Os dezáns tiveron un excelente comezo de partido, como indicaba o adestrador Pablo Cacheda: «Cun parcial de 0-6 e estando moi ben en defensa. Logo houbo un cambio na arbitraxe», indicou, o que provocou certa precipitación no cadro dezán. Froito diso, o marcador apertouse moito máis, e aínda que os tinerfeños non chegaron a pórse por diante se chegaron ao descanso só un tanto por detrás do Lalinense. Unha situación que provocou que os dezáns «sufriramos máis do que deberiamos» para facerse coa vitoria, indicaba o preparador lalinense.