04 may 2025 . Actualizado á 05:00 h.
O ximnasio de Forcarei, tras semanas pechado con debate político incluído, reabrirá o día 15 de maio rebautizado co nome de Spazo Gym. O abono individual terá un custo de 20 euros mensuais, mentres o familiar será de 40, para dous adultos e fillos entre 16 e 18 anos. O acceso durante un día suporá 5 euros de prezo e 10 por clases dirixidas.