O colectivo Enrédate pon en marcha os campamentos estivais para os cativos

N. G. LALÍN / LA VOZ

AGOLADA

Cedida

04 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Chega o verán e con el os campamentos para os cativos. O colectivo Enrédate pon a disposición este tipo de actividades en varias zonas da contorna. No Concello de Agolada estarán activos ata finais de agosto, e conta cun total de 17 inscricións para esta quincena.

No colexio Xesús Golmar de Lalín estas actividades desenvolveranse mantendo unhas condicións flexibles e unas horarios amplos. Como xa é habitual, a demanda de prazas este ano foi numerosa. O campamento Acel de Enrédate comezou esta semana cunha gran asistencia, e cun horario de 9.00 a 14.00 horas.

En Dozón contan con vinte participantes esta quincena, e estará activo todo o verán para os cativos da vila e arredores. En Vilatuxe participan 18 persoas no campamento máis antigo, que conta con esta, 20 edicións. Ademáis, o colectivo realiza actividades os fins de semana en diversos concellos da zona.