
17 abr 2025 . Actualizado á 05:00 h.
O BNG levou ao Parlamento de Galicia a situación da estrada PO-840 en Agolada. O vial que une esta localidade con Melide, nun trazado de case dezanove quilómetros, conta co firme moi deteriorado. Houbo rebentóns de rodas, rotura de lúas e saídas de vía, así como encharcamientos pola choiva ante a falta de limpeza de cunetas.
Desde a formación nacionalista lembraban a moción presentada en Agolada para instar os grupos políticos a peches políticos semanais no entroncamento da PO-840 e a N-640 como protesta. Agora presenta preguntas e unha proposición non de lei para instar á Xunta a acondicionar o firme da PO-840.