Máis dun millón para repor o firme no vial que une A Estrada e Forcarei
A ESTRADA
A xunta de goberno da Deputación de Pontevedra aprobou o proxecto de execución das obras de asfaltado nun tramo de 12 quilómetros da EP-7001, a estrada provincial que une A Estrada e Forcarei, cun presuposto dun millón de euros. O presidente provincial, Luis López, informou que estas obras, as cales se sitúan no termo municipal estradense, dotarán dunha nova capa de rodaxe, melloras na drenaxe e renovación de toda a sinalización do tramo afectado.
Os traballos proxectados na o EP-7001 afectan a algo máis da metade da lonxitude do total da vía. O seu obxectivo é mantela nas mellores condicións tanto de comodidade como de seguridade para os vehículos que circulan por ela. Retirarase e saneará o firme actual, executándose un novo asfalto. En canto á drenaxe, instalarán tubaxes específicas para favorecer a evacuación de auga e protexer a estrutura do novo asfalto. O prazo de execución previsto é de catro meses.