A ximnasta coruñesa Aroa Martínez, pertencente ao Club Ximnasia A Estrada, inicia o luns a súa aventura no Campionato do Mundo de Trampolín por Idades, que se celebra en Pamplona do 13 ao 16 de novembro. Antes do inicio oficial da competición Aroa asistirá aos adestramentos, comezando o torneo o sábado. Acompañará á ximnasta o seu adestrador, a estradense Sofía Mosteiro, que formará parte do corpo técnico da selección nacional.
Aroa competirá na categoría infantil e na modalidade de tumbling. O Mundial é un soño feito realidade para a coruñesa, que se empregou a fondo para ser seleccionada polo combinado español, con adestramentos de tres horas ao día, catro xornadas á semana. Ademais, co esforzo de desprazarse desde Arteixo ata A Estrada para preparase con Sofía Mosteiro e Adrián Soliño.
«Logo dos éxitos conseguidos tanto a nivel nacional coma galego, será a primeira ximnasta do Club Ximnasia A Estrada en participar nun campionato a nivel mundial. Ben sabemos que chegar ata aquí supuxo un continuo esforzo por parte da Aroa, polo que pase o que pase, para nós xa é gañadora», manifestaron desde o club estradense.