Adxudican a Testuda a reforma de dúas casas escolares de Cora para emerxencia social

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

A ESTRADA

cedida

21 ago 2025 . Actualizado á 05:00 h.

O Concello da Estrada adxudicou á firma estradense Testuda as obras de rehabilitación de dúas antigas vivendas escolares da parroquia de Cora para destinalas a emerxencia social. A empresa asumirá de forma directa os traballos de electricidade e subcontratará a outras firmas locais o resto das obras de acondicionamento, que terán que estar rematadas o 31 de outubro.

Namentres, o Concello avanza na elaboración do novo Regulamento de Emerxencia Social que regulará as condicións de uso destas vivendas, o servizo municipal de prestación de alimentos ou as axudas ao alugueiro. Existe xa un borrador do Regulamento que haberá que puír. No caso das vivendas de emerxencia social, a cesión farase sempre cun informe de Servizos Sociais e por un período de tempo limitado.