A Estrada pechou con balance positivo o plan contra violencia de xénero

A ESTRADA
O Concello da Estrada concluíu xa as actuacións incluídas no pacto de estado contra a violencia de xénero, desenvolvidas a través do Centro de Información á Muller (CIM) e con cargo a unha subvención para o fomento da sensibilización e prevención desta secuela social. Unhas iniciativas que buscaron concienciar á sociedade estradense sobre a magnitude desta problemática.
Entre as accións desenvolvidas figura a instalación dun Punto Violeta durante as festas de San Paio e un taller de empoderamento, técnicas de relaxación e mindfulness para mulleres en situación de vulnerabilidade. Respecto ao Punto Violeta, funcionou como lugar de primeiro apoio e asistencia en caso de agresión por razón de sexo ou xénero. Desde alí buscouse asesoramento e apoio ás persoas que o precisen e favoreceuse a concienciación da poboación sobre esta secuela social. E incidiuse en que non só poden denunciar as vítimas senón quen sexa testemuña dalgún caso.