Despedida de docentes no instituto Avelina Valladares da Estrada

La Voz

A ESTRADA

Cedida

06 jul 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Esta semana celebrouse a despedida a varios docentes do instituto Avelina Valladares da Estrada. Entre eles a Maite Schreck, profesora de Xeografía e Historia que traballou no centro desde a súa inauguración en 1999, como Jano Sanmartín, de Educación Plástica, xunto a Jorge Agulló, de Bioloxía e Xeoloxía, que recalou no 2007. Tamén deixou o IES tras catro anos na dirección Beatriz Quintela, docente desde o 2010 de Lingua Galega e Lingua Portuguesa, entre outros docentes que cambian de destino.