03 jul 2025 . Actualizado á 05:00 h.
O club Bonsái A Estrada organiza o día 5 unha clase maxistral que impartirá o especialista Germán Colmenares. Haberá dúas quendas, de mañá e de tarde, con prazas limitadas e con preferencia para socios da entidade. A reserva pódese realizar no teléfono 649 888 435, cun prezo de 15 euros para socios e de 25 para o resto. A primeira quenda no local social de Baloira será de 10.00 a 14.00 e o segundo, de 16.30 a 20.30 horas.