25 abr 2025 . Actualizado á 20:24 h.
Este sábado celébrase no pavillón Coto Ferreiro da Estrada a segunda quenda das finais autonómicas de voleibol. A cita arrincará ás 10.00 horas coas semifinais de categoría sénior feminina, Bruxas contra Santiago e Oleiros contra Cambados. Despois darán comezo as semis masculinas, medíndose o Lugo contra o Xiria e o Oleiros ante o Vigo..