Moito voleibol na Estrada

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

A ESTRADA

Adrián Freiría

12 abr 2025 . Actualizado á 20:30 h.

O pavillón Coto Ferreiro da Estrada encheuse para gozar dunha xornada de voleibol coas finais autonómicas nas categorías cadete e júnior. Equipos de toda Galicia medíronse nunha cita deportiva de alto nivel que se repetirá o vindeiro sábado 26, momento no que rematarán as eliminatorias co duelo polo título de categoría sénior.