
Máis dun centenar de músicos de toda Galicia reuníronse na Xuntanza Batuqueira
13 abr 2025 . Actualizado á 05:00 h.O ritmo afrobrasileño tomou A Estrada este sábado. O municipio volveu converterse en epicentro do movemento batuqueiro galego coa celebración dunha Xuntanza Batuqueira organizada pola escola de percusión Latexo, que ten dúas seccións funcionando na Estrada e Santiago. Máis dun centenar de músicos asistiron pola mañá a un taller que tivo que trasladarse ao pavillón do colexio Pérez Viondi a causa do mal tempo. Pola tarde, a choiva deu unha pequena tregua que permitiu que os ritmos aprendidos enchesen de alegría as rúas e prazas da Estrada. foto adrián fritiría