0003_202405D25C3992

Só seis aspirantes pasaron as probas físicas da oposición para tres prazas de bombeiros

La Voz LALÍN / LA VOZ

A Estrada

25 may 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Dos nove aspirantes ás tres prazas de bombeiros-condutor convocadas polo consorcio contra incendios de Deza e Tabeirós-Terra de Montes só seis pasaron as probas físicas. Estas celebráronse a tarde do xoves nas instalacións deportivas de atletismo do campus de Santiago de Compostela e nas da Agasp na Estrada.

Estes están convocados agora á última criba que consiste nun exame de oficio que aínda non ten fixada a data de celebración. Esta consiste na realización dunha batería de exercicios prácticos do traballo de bombeiro entre os que se inclúe a tirada dunha instalación hidráulica, unha práctica de corte ou de realización de diversos tipos de nós, entre outras.

Dos seis aspirantes que quedan, dos 25 que se presentaron, tres son da zona. Son dous de Lalín e un da Estrada. A eles súmanse un de Ames, outro de Boiro e un terceiro de Vigo. Unha vez máis a esta oposición só concorreron homes.