Helena Castaño, do IES Número 1, gañadora do certame artístico «Cousas»

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

A ESTRADA

21 may 2024 . Actualizado á 05:00 h.

A estudante do IES Número 1 da Estrada, Helena Castaño Pazos, foi a autora da obra gañadora do primeiro certame artístico Cousas. Unha iniciativa en homenaxe a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao que puxo en marcha o IES Félix Muriel de Rianxo. O xurado, composto por dous docentes, un xornalista e unha actriz, fallou en favor do seu traballo, que leva por título Cunetas. En total presentáronse 68 textos, dous que resultaron finalistas trinta.

Destacaron a proximidade respecto á obra que da nome ao concurso, Cousas de Castelao, «tanto pola temática da memoria histórica como pola estilización do seu debuxo». Do mesmo xeito, valoraron positivamente a súa brevidade como «perfume condensado nun frasco». O docente encargado da súa presentación foi Román Landín.

Este é o segundo premio que recibe o alumnado do IES Número 1 nestes días. A súa compañeira, Noa Cabaleiro, gañou o concurso de videopemas baseados en obras de Rosalía de Castro e Manuel María coa súa creación: A xustiza pola man.