Os mozos do colectivo A Estación borran as pintadas

La Voz

A Estrada

cedida

06 abr 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Os mozos da Estrada vinculados ao colectivo A Estación deron este domingo unha lección de civismo aos vándalos locais. Os voluntarios borraron as pintadas contra a policía realizadas nas dársenas da estación de autobuses, repararon o valo exterior e recolleron lixo acumulado na contorna.