Exposición de Javier Granados na Estrada

A ESTRADA

Antía Expósito

09 ene 2020 . Actualizado á 05:00 h.

A sala Guimart da Estrada (Travesía Rosalía de Castro, 2) ten aberta a exposición Non me contes películas de Javier Granados ata o 1 de febreiro. Pódese visitar de luns a venres, en horario de 10.00 a 13.30 horas e de 17.00 a 20.30 horas e os sábados de 10.30 a 14.00 horas.

A mostra inclúe unha serie de obras nas que o artista realiza o seu particular e persoal reinterpretación de carteis e personaxes de películas famosas e que , en moitos casos, adquiren un aire máis cañí. Desde divas como Audrey Hepburn cun «Chámame Odri» a unha Amélie convertida en Amelia, un Os Outros transformado en Nós, a unha Tiburona ou a famosa imaxe da cadeira de brazos de vimbia de Emmanuel que dá pé ás pezas de Elmanuel e Manoli, en senllas versións masculina e feminina da icónica imaxe. Unha exposición que non deixa indiferente e que conxuga cor e humor, que suma ás reinterpretacións de cine as de anuncios de produtos como o mítico xabón Lagarto ou o dunha marca de gaspacho. Nado en Ciudad Real, Granados, expuxo en Corea, Portugal e en distintas salas de España.