Iziar Barcala, dobre bronce no máster absoluto de bádminton

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

A estradense Iziar Barcala brillou no Máster Absoluto N4 celebrado en Estella (Navarra), onde conseguiu dúas medallas de bronce: unha en individual feminino e outra en dobres feminino xunto a Ana Nóvoa. A xogadora do Club Bádminton A Estrada completou un magnífico torneo, acadando as semifinais en ambas as modalidades e sumando seis vitorias en oito partidos. En individual cedeu ante Ana Nóvoa nun partido moi duro e igualado, mentres que en dobres quedou ás portas da final tras un duelo moi intenso xunto a Ana Nóvoa fronte ás xogadoras alacantinas María Rodríguez e Ana Ramírez.