Campaña este sábado para que veciños e empresas utilicen os colectores marróns
DEZA
Este sábado haberá na Praza do Mercado da Estrada un posto informativo para animar aos veciños e empresas a utilizar o colector marrón, un depósito destinado exclusivamente para residuos de carácter orgánico. Os interesados poden darse de alta como usuarios destes colectores, os cales se instalarán o luns na localidade e é necesario un cartón para a súa apertura.
Aqueles que queiran conseguir unha deberán achegarse á carpa en horario de 10.30 a 13.30 horas para facilitar os seus datos e tramitar a súa alta. Nese instante recibirán o cartón de apertura e un paquete de benvida cun cubo aireado, bolsas compostables e un folleto informativo.
Desde o Concello aclaran que o que arrinca estes días é unha experiencia piloto a modo de enquisa sobre a incorporación do quinto colector. Nesta fase inicial instalarán unha decena de colectores que se situarán nas proximidades de grandes e medianos produtores deste tipo de residuos. En calquera caso, os cidadáns que desexen empregalos, poderán facelo.
Ademais, unha firma especializada continuará visitando porta por porta a produtores de orgánica para tramitar a súa alta e entregar o kit de produtos.