A derrota do Estradense ante o Montañeros (0-1) supuxo o primeiro cero dos rojillos como locais. No que vai de tempada sumaron no Municipal doce puntos con tres vitorias e outros tantos empates. Unha bagaxe positiva no seu feudo que se crebou cun partido no que a falta de puntería volveu afectar.
Ante o Montañeros gozaron de numerosas ocasións, aínda que na segunda parte a defensa coruñesa impúxose con maior contundencia, o Estradense gozou de opcións para un final menos tráxico. Ademais, na casa os de Manuti estaban inmersos nunha dinámica máis que óptima, sendo esta a súa primeira derrota en liga desde o 23 de febreiro, cando o Alondras gañou 0-1. Na fase de ascenso a Segunda RFEF perderon o 7 de xuño ante a Sarriá (0-2).
Perder ante o Montañeros relegou aos rojillos á novena posición, a tres puntos da fase de ascenso e sumando cinco encontros sen gañar.