Visita á diáspora dezana na Arxentina

La Voz LALÍN / LA VOZ

DEZA

cedida

Luis López foi recibido polo Centro Lalín, Agolada, Silleda de Bos Aires

26 nov 2025 . Actualizado á 05:00 h.

O presidente da Deputación, Luis López, enxalzou o compromiso pola protección e difusión da cultura galega na Arxentina que realizan a diario os integrantes de entidades como o Centro Lalín, Agolada e Silleda de Buenos Aires. Fíxoo nun encontro cos seus representantes. «Este encontro entre irmáns das familias de Deza e de tantos outros concellos da provincia que coa emigración ampliaron as súas parroquias ata a outra beira do Atlántico non é mais ca celebración do que nos une», declarou.