La Voz de Galicia
Lo sentimos, no hemos podido atender su petición.

Chocolatada, cine e música no Ciclo Cultural de Cercio

La Voz

DEZA

08 nov 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Dentro do Ciclo Cultural de Cercio hoxe celébrase o día da ilusión e a música. No centro social da parroquia lalinense haberá unha chocolatada popular a partir das 10.00 horas. Mentres, ás 11.00 proxectarase a película Blancanieves Disney 2025. O colofón a esta nova xornada lúdica porao o concerto da Banda Xuvenil de Muimenta ás 12.30. Mentres, o día 15 estará dedicado a Castelao.