Éxito para Carlos Guitián

La Voz LALÍN / LA VOZ

DEZA

Campión da Sandero Evo Cup

21 oct 2025 . Actualizado á 05:00 h.

O copiloto lalinense Carlos Guitián proclamouse campión galego da Sandero Evo Cup Galicia tras a súa vitoria no Rali San Froilán, o último puntuable, onde xunto a Miguel Gayoso saíron a por todas meténdose o campionato no peto no primeiro tramo da carreira. Coa Copa decidida non afrouxaron, marcando pleno de scratch nos oito tramos cronometrados.