A atleta dezana Tamara García, proclámase campioa galega de trail

La Voz LALÍN / LA VOZ

DEZA

cedida

21 oct 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Tremendo éxito para o trail dezán esta fin de semana coa consecución do campionato galego de carreiras de montaña por parte da atleta Tamara García, do Galaico Trail Run (GTR). A deportista de Dozón coroouse na final da Copa Galega Xunta de Galicia celebrada en Ourense.

Así mesmo, o GTR lalinense logrou o segundo posto por equipos do campionato grazas á magnífica actuación dos seus competidores. Lucía Peón acompañou a Tamara no podio cunha meritoria terceira posición. Por outra banda, os resultados Toni Taboada e Javier Yáñez tamén foron clave na consecución desta medalla de prata.

A parte negativa foi Alina Cimpean, que sufriu un abandono. Engadir que Lucía Peón redobrou o seu éxito cun primeiro posto na categoría de veteranas.