17 oct 2025 . Actualizado á 05:00 h.
A asociación cultural Bolarqueira organiza esta fin de semana un ciclo de literatura no rural r no centro social da parroquia lalinense de Noceda. Arrincará o sábado ás 19.00 horas coa posta en escena de Castelao, un corazón á intemperie, de Fantoches Baj. O domingo ás 13.00 haberá un concerto literario da Coral Polifónica de Lalín baixo a dirección de Benxamín Otero. Ás 18.00 terá lugar un encontro con Laura Romero, ilustradora e baixista de Zënzar, e creadora do libro 35 anos de Rock en galego. A culpa foi de Zënzar. Finalmente, ás 19.00 horas actuará Pakolas, descubrindo os 3 libros editados por Galaxia na colección Sonárbore.