Vandalismo en Vos Pendellos

La Voz

DEZA

Ángel Utrera

Pintadas en elementos de madeira do recinto feiral de Agolada

03 sep 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Entre os lugares que deben figurar si ou si cando queremos coñecer a riqueza patrimonial de Deza ocupan un lugar destacado Vos Pendellos en Agolada. O antigo recinto feiral convértese en reclamo para os visitantes, ademais de acoller distintos eventos durante o ano. Pero nas últimas horas os vándalos decidiron deixar o seu sinal con pintadas nalgunhas das estruturas de madeira. Un feito execrable, con danos que agora deberán ser reparados. foto anxo utrera