O Estradense impúxose no amigable disputado o pasado mércores ante o Sigüeiro por 3-2. Un encontro no que foron protagonistas ningúns das fichaxes, especialmente Dani Pedrosa e Gerard Porto, que viron portería.
Os goles chegaron na segunda metade, adiantándose os da Estrada cun gol de Pablo Carabán. Pedrosa facía o 2-0, pero o Sigüeiro conseguiu recortar distancias. Gerar Porto, que saíu no segundo acto, puxo o 3-1. Os rojillos tres vitorias, un empate e dúas derrotas nos encontros de pretemporada ata a data.
Pola súa banda, o CD Lalín perdeu no amigable contra o Arzúa por 1-0. O equipo adestrado por Roberto Fernández comezou a pretemporada contra o Taboada, gañou 4-1 ao Sporting Carballiño no terceiro partido e, no cuarto, empatou ante o Barbadás (1-1).