A Estrada ofertará o próximo curso 16 Escolas Deportivas Municipais

Rocío García Martínez
Rocío García A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

cedida

Incorpórase á oferta fútbol sala e outras dúas disciplinas cambian de club

13 ago 2025 . Actualizado á 05:00 h.

O Concello da Estrada acaba de dar a coñecer a oferta da Escolas Deportivas Municipais para o próximo curso académico 2025-2026. Esta vez ofértanse 16 disciplinas distintas. A novidade respecto á anterior convocatoria é a incorporación de clases de fútbol sala, que xa se ofertaran hai anos e que esta vez asumirá A Estrada Futsal. Tamén hai novidades noutras dúas escolas: a de ciclismo e a de baloncesto. Ambas as cambian de club. Na de ciclismo, Bikestrada tomará a vez do Club Ciclista Estradense. Nas de baloncesto, asumirá a xestión o club de nova creación A Estrada Basket.

As clases impartiranse de outubro a xuño, con descansos coincidindo coas vacacións escolares. O prazo de inscrición abrirase o vindeiro luns, día 18 de agosto, e pecharase o 19 de setembro. O número mínimo de participantes para que a escola teña actividade será de dez alumnos.

As persoas interesadas deben reservar praza na escola correspondente. Os prezos mantéñense respecto ao curso pasado. A cota xeral é de 36 euros o trimestre (para nenos de 4 a 14 anos) e a de adultos de 60 (de 15 anos en diante). Haberá bonificacións do 25% non acumulables para familias numerosas, monoparentais ou para a segunda actividade do mesmo alumno (27 euros trimestrais). As cotas deben pagarse de forma anticipada, por trimestres, na conta do Banco Sabadell ES78 0081 2208 2300 0101 2603.

A oferta para o próximo curso é a seguinte:

Ciclismo: Mércores e venres de 17 a 19.00 horas (os horarios, en todas as actividades, dependen da idade ou o nivel). No novo circuíto de Mini BTT, ao lado do Novo Campo Municipal. A partir de 5 anos. Inicio o 1 de outubro. Clases impartidas por Bikestrada. Inscricións no teléfono 602 553 424.

Kárate: Martes e xoves ás 18.00, 19.00 ou 20.00 horas e sábados entre 11.00 e 14.00. Zona deportiva. A partir de 4 anos. Comezo o 2 de outubro. Imparte o Club Deportivo Budoyama. Inscricións no 698 130 161

Taekwondo: Os martes e xoves ás 16.00 (psicomotricidade de 3 a 5 anos) e ás 17.00 (todas as idades). Pavillón de Exposicións e Congresos. A partir de 3 anos. Inicio o 2 de outubro. Clases impartidas polo Club Número PHI. Inscricións no teléfono 625 149 623 ou no correo taekwondoluapd@gmail.com.

Natación. Os sábados ás 10.00, 10.45, 11.30, 12.15 e 13.00 horas. Piscina climatizada. Nados no ano 2018 e anteriores. Desde o 4 de outubro. Clases impartidas por Club de Natación e Salvamento A Estrada (CNS). Inscricións no teléfono 654 656 250 ata esgotar prazas.

Xadrez. Os sábados de 10.00 a 13.30 na Casa dás Letras. A partir de 4 anos. Inicio o 4 de outubro. Clases impartidas por Roberto Patiño, ex campión galego de xadrez. Inscricións no teléfono 651 365 375.

Patinaxe e hóckey. Os martes e xoves ás 17.15 no pavillón do colexio Figueiroa. A partir de 4 anos. Inicio o 2 de outubro. Clases impartidas por Diverpatín. Inscricións no 600 216 836.

Bádminton. Os luns, mércores e xoves entre as 16.30 e as 18.00. Pista 2 do pavillón multiusos. A partir de 4 anos. Empeza o 1 de outubro. Imparte o Club Bádminton A Estrada. Inscricións no teléfono 622 451 589.

Esgrima. Os xoves de 16.00 a 18.00 horas. Pavillón de Exposicións e Congresos. De 8 a 14 anos. Comezo o 2 de outubro. Clases impartidas por Compostela Esgrima. Inscricións no teléfono 607 382 179.

Ximnasia. Os mércores ás 17.00, 18.00 ou 19.00 horas. Pavillón de Exposicións e Congresos. A partir de 4 anos. Inicio o 1 de outubro. Clases impartidas por Club Ximnasia A Estrada. Inscricións no 698 911 290.

Baloncesto. Os luns e mércores ás 18.00 e 19.00 horas. Pista 1 do pavillón multiusos. A partir de 5 anos. Inicio o 1 de outubro. Imparte A Estrada Básket. Inscricións en https://qrco.de/bgbso0.

Hípica. Os luns. Hora a determinar segundo a idade. No recinto hípico de Guimarei. Nados no 2018 e anteriores. Inicio o 6 de outubro. Imparte Socade. Inscricións en socadeaestrada@gmail.com. Lainscripción nas escolas dá dereito a unha clase mensual. Poderanse negociar máis clases xestionadas por Socade.

Pádel. Mércores e xoves ás 16.00 horas nas pistas de pádel. A partir de 4 anos. Imparte Estrada Pádel. Inicio o 2 de outubro. Inscricións no 665 351 597.

Tenis. Venres ás 17.00 e sábados ás 11.00. Pistas de tenis municipais e pavillón do colexio Figueiroa (se chove). Desde 5 anos. Inicio o 2 de outubro. Imparte MS Tenis Academy. Inscricións no 680 866 570.

Judo. Luns e mércores ás 17.00 e ás 18.00. Pavillón de Exposicións e Congresos. Desde 4 anos. Empeza o 2 de outubro. Imparte Judo Club Base. Inscricións no 604 001 763.

Balonmán. Luns ás 16.00 e ás 17.00. Pavillón Coto Ferreiro. Desde 4 anos. Empeza o 7 de outubro. Imparten técnicos do Balonmán Ribadosar. Inscricións no 654 838 729.

Fútbol sala. Os luns e xoves ás 17.30 e 18.30 no pavillón Manuel Coto Ferreiro. Desde os 5 anos. Inicio o día 2 de outubro. Imparten técnicos da Estrada Futsal. Inscricións no 676 667 527 e en aestrada.futsal@gmail.com.

Máis de 840 alumnos o ano pasado a pesar de que fútbol, atletismo ou baile van por libre

As Escolas Deportivas Municipais contaron o curso pasado con máis de 840 alumnos matriculados nas distintas disciplinas. Promovidas polo Concello para potenciar a práctica deportiva no municipio, nutren moitos clubs locais e convertéronse nunha actividade fundamental no tecido deportivo local. As cifras de alumnado dan fe da importancia deste servizo.

No entanto, no municipio existen máis opcións para iniciarse no deporte. O fútbol local ten a súa propia canteira na Escola Estradense de Fútbol base, cunhas 320 fichas, e o club Atletismo A Estrada forma a outros oitenta deportistas. A maiores están as dúas escolas de baile locais e o club de natación sincronizada, entre outros.