Podio para Tamara Seijas na Copa de España

La Voz

DEZA

Cedida

18 jul 2025 . Actualizado á 05:00 h.

En Ramales de la Victoria disputábase o domingo a terceira proba da Copa de España de XCM con tres ciclistas do equipo silledense RG Bikes Scott. Destacou o papel de Tamara Seijas, terceira en meta só superada por Natalia Fischer e Cristina Morán. Na xeral marcha segunda a deportista lalinense. Pola súa banda, Esteban Sánchez acabou 26.º e Iván Calvo 31.º. A próxima cita será en setembro.